GL ES EN
SUSTENTABILIDADE E INNOVACIÓN SOCIAL DA CÁTEDRA INDITEX-UDC
SUSTENTABILIDADE E INNOVACIÓN SOCIAL DA CÁTEDRA INDITEX-UDC
27/09/2021

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS), que se impartirá entre os meses de xaneiro e maio de 2022. Os interesados en acceder a este título propio de posgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude entre o 27 de setembro e o 12 de novembro de 2021 a través da páxina web www.catedrainditex.com.

A undécima edición do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social contará con la experiencia de máis dunha trintena de especialistas de recoñecido prestixio nacional e internacional

A solicitude de preinscrición neste título propio de posgrao impartido na Universidade da Coruña pode realizarse entre o 27 de setembro e o 12 de novembro a través da páxina web da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade.

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS), que se impartirá entre os meses de xaneiro e maio de 2022. Os interesados en acceder a este título propio de posgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude entre o 27 de setembro e o 12 de novembro de 2021 a través da páxina web www.catedrainditex.com.

A undécima edición do CESIS incorporará contidos especificamente dirixidos a todos aqueles estudantes, recentemente licenciados e profesionais con interese en profundar e desenvolver a súa carreira profesional en ámbitos vinculados á sustentabilidade e a responsabilidade e innovación social. 

O programa académico, que se desenvolverá ao longo de 625 horas lectivas, incluíndo sesións presenciais e traballo non presencial, contará coa participación de máis dunha trintena de especialistas de recoñecido prestixio vinculados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas de proxección no ámbito nacional e internacional. 

O plan de estudos do CESIS foi deseñado para poñer en valor, desde unha perspectiva eminentemente práctica, a experiencia do claustro docente e o talento dos 294 egresados que forman parte da rede  alumni da Cátedra. Ao longo do curso, farase especial fincapé no estudo das iniciativas máis innovadoras impulsadas por distintas organizacións, públicas e privadas, coa finalidade de contribuír á xeración conxunta de valor económico, social e ambiental.