GL ES EN
 I PROGRAMA DE DIVULGACIÓN NA RADIO FILISPIM
I PROGRAMA DE DIVULGACIÓN NA RADIO FILISPIM
25/03/2021

Coa idea de difundir e promover o coñecemento económico en xeral, a Facultade de Economía e Empresa dende o Plan de Acción Titorial (PAT) de maneira conxunta co programa radiofónico “Sábados no Cruceiro” que se emite no 93,9 da FM na Radio FilispiM, así como a través de internet mediante streaming, convocan o I PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DE TERMOS ECONÓMICOS DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA NA RADIO FILISPIM. Mediante este programa proponse ao estudantado unha actividade de divulgación económica a través da elaboración de pequenos vídeos.