GL ES EN
EXPOSICIÓN VIRTUAL 8M: MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE
EXPOSICIÓN VIRTUAL 8M: MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE
24/03/2021

Descubre o papel das mulleres na economía e na sociedade a través dunha escolma de obras académicas e de divulgación, novelas e materiais audiovisuais. Coñecerás referentes femininas no eido dos coidados, a perspectiva de xénero, a política, a economía, o cambio climático, etc. Todas elas deixan constancia das dúas caras da mesma moeda: por un lado, as dificultades que atopan as mulleres no seu día a día para acceder a postos de liderado e para saír do camiño invisible marcado pola sociedade e, polo outro, a súa capacidade para empoderarse e acadar as metas e obxectivos que se propoñen. Accede en Exposición Virtual 8M: Muller, economía e sociedade