GL ES EN
BREAKOUT
BREAKOUT "O LEGADO DE EREA" E AGASALLOS
24/03/2021

Do 8 de marzo ao 8 de abril vive unha distopía feminista ambientada na Universidade da Coruña. Neste xogo virtual achegaraste a diversos contidos sobre a muller na economía e na sociedade para resolver misións, atopar caixas escondidas polo campus e frustrar os plans da Comisión de Filtrado Bibliográfico (CFB) e do Réxime da Verdade. Ademais, poderás gañar un lote de agasallos que inclúen o libro “Senlleiras” asinado por Antía Yáñez, o libro “Violencias de Género: Persistencia y nuevas formas” de Ana Jesús López Díaz, un CD de música de A banda da loba, material de oficina, lambetadas, etc. ¡Infórmate e comeza a xogar xa entrando en O legado de Erea !