GL ES EN
PECHE DA FEE E ACCESO Ó CENTRO
PECHE DA FEE E ACCESO Ó CENTRO
15/03/2020

Por mor da Resolución reitoral de 15 de marzo de adaptación ás medidas tomadas polos gobernos español e galego, a Facultade de Economía e Empresa (FEE) permanecerá temporalmente pechada.
O PDI ou PAS que precise acceder á FEE co fin de garantir a prestación dalgunha das funcións esenciais recollidas na Resolución reitoral deberá solicitar a autorización ao decano (Teams ou correo electrónico: manuel.gomez@udc.es), incluindo nome completo e DNI, informando da causa da solicitude e do/s día/s e horas en que accederá ao centro. No seu caso, o decano remitirá unha autorización que poderá utilizarse como xustificante da necesidade do traslado. O acceso ao centro farase utilizando a tarxeta universitaria. De non dispor dela, informarase ao decano na solicitude para arbitrar o xeito de acceder ao centro, en todo caso entre as 9h e as 19h.