GL ES EN
CÁTEDRA INDITEX-UDC
CÁTEDRA INDITEX-UDC
24/10/2019

Fin preinscrición nunha semana
Os interesados en matricularse poden realizar a súa solicitude de preinscrición ata o próximo xoves 31 de outubro a través da web www.catedrainditexudc.org.

As sesións lectivas do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social desenvolveranse entre os meses de xaneiro e maio de 2020 na Facultade de Economía e Empresa do campus da Coruña.

Conducente ao título propio de “Experto universitario en sustentabilidade e innovación social”, o programa deste posgrao desenvolverase entre xaneiro e maio de 2020. O cadro de profesores está formado por máis dunha trintena de profesionais do eido da sustentabilidade, a responsabilidade e a innovación social vinculados a empresas, institucións académicas, organizacións non lucrativas e administracións públicas de proxección nacional e internacional.

O CESIS, cunha valoración global de 4,5 sobre 5 por parte do alumnado, terá lugar os mércores e xoves de 16.00 a 19.30 horas na Facultade de Economía e Empresa do campus de Elviña (A Coruña) e disporá de bolsas valoradas no 50% do importe da matrícula para o 40% do alumnado.