GL ES EN
REVISTA ESPAZO FEE
REVISTA ESPAZO FEE
26/04/2019

ESPAZO FEE Nº 15  MAIO 2019

Coma sempre nestas datas, estamos xa a traballar nun novo número da revista Espazo FEE (o décimo quinto, xa!). A participación de todos os membros da comunidade universitaria con artigos curtos de temática variada é fundamental para facer realidade esta revista. Malia que se trata dunha revista académica, porque nace como iniciativa no seo da nosa facultade, a súa orientación non ten que ser necesariamente científica ou profesional, é dicir, está aberta a todos os as temas que poidan ser de interese para os estudantes, PAS e PDI (difusión, lecer, opinión, etc.).

 

Simplemente, cómpre observar as seguintes normas:

 

1. Achegarase o texto en formato open office ou word antes do 10 de maio de 2019 ao enderezo electrónico: revista.espazo.fee@gmail.com indicando no asunto "Colaboración Espazo FEE nº 14".

2. As colaboracións terán unha extensión máxima de 2.000 caracteres (espazos incluídos)

3. Irán redactados en lingua galega

4. O ficheiro co texto da colaboración deberá incluír:

     Título da colaboración.

     Nome do autor.

     Sector ao que pertence: PDI, PAS, estudante (neste caso, indicarase que título está a cursar e en que ano se atopa), colaborador externo á UDC.

     Texto da colaboración (máximo de 2.000 caracteres con espazos incluídos)

    Fotos ou material gráfico (de ser o caso)

5. O colaborador asume o criterio de selección do comité de redacción no tocante á localización na revista e á inclusión ou exclusión dotraballo nun dos números da revista. Eventualmente, de ser o caso, pódese solicitar ao autor algún cambio de extensión para adaptalo ás dispoñibildades de espazo.

 

Como sempre, solicitamos a vosa colaboración para consolidar esta iniciativa.