GL ES EN
CICLO DE CONFERENCIAS
CICLO DE CONFERENCIAS "EN CÓDIGO ABIERTO"
24/04/2019

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade organiza o próximo 9 de maio a segunda sesión do Ciclo de Conferencias En Código Abierto do curso 2018/2019, que nesta ocasión contará co profesor titular e director da Cátedra de Discapacidade e Empregabilidade TEMPE-APSA da Universidade Miguel Hernández de Elche, Antonio Martínez-Pujalte López.
Baixo o título “Vencer as barreiras: unha aposta pola empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual”, a conferencia abordará o modelo de mellora das posibilidades de emprego e inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Neste sentido, Martínez-Pujalte compartirá cos presentes a traxectoria de implantación da cátedra que dirixe.
A sesión, que terá lugar ás 19.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, será presidida polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín.
Os interesados en acudir á conferencia deberán confirmar a súa asistencia antes do próximo 8 de maio en www.catedrainditexudc.org.
Máis información a través do teléfono 981 167 000 ext. 4407.