GL ES EN
Fin prazo preinscrición CESIS
Fin prazo preinscrición CESIS
27/10/2018

O prazo de preinscrición no Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social da Cátedra Inditex-UDC finaliza o 31 de outubro.


As sesións lectivas desenvolveranse entre os meses de xaneiro e maio de 2019 na Facultade de Economía e Empresa do campus da Coruña.

Conducente ao título de Experto universitario en sustentabilidade e innovación social, o programa deste curso propio de posgrao desenvolverase entre xaneiro e maio de 2019 e conta coa participación de máis dunha trintena de profesionais do eido da sustentabilidade, a responsabilidade e a innovación social vinculados a empresas, institucións académicas, organizacións non lucrativas e administracións públicas de proxección nacional e internacional.


O CESIS, cunha valoración global de 4,5 sobre 5 por parte dos alumnos, terá lugar os mércores e xoves de 16 a 19.30 horas na Facultade de Economía e Empresa do campus de Elviña (A Coruña) e disporá de bolsas valoradas no 50% do importe da matrícula para o 40% do alumnado. Os interesados en matricularse poden realizar a súa solicitude de preinscrición ata o próximo 31 de outubro a través da páxina web www.catedrainditexudc.org