GL ES EN
Horarios Ano Académico 2017-2018
18/06/2017

Horarios Ano Académico 2017-2018

Unha vez aprobadas as solictudes do PDI para modificacións de horarios.

Horarios Ano Académico (2017-2018) (consultar .pdf)

Horarios para Simultaneidade Cc. Empresariais + Arquitectura Técnica (consultar .pdf)





 

Prazo para solicitar cambios de horario (pechado)

 

 

Para dar cumprimento á normativa vixente, dende o 09/05/2017 até o 15/06/2017 o profesorado poderá solicitar cambios de horario para o curso 2017/2018.

As normas vixentes de solicitude son as seguintes:

1) As solicitudes de cambio deberán vir asinadas polos profesores das materias ou, de ser caso, polo director do departamento.

2) As solicitudes de cambio poderán ser admitidas sempre que non supoñan:

a) Trasladar horas fóra da franxa e/ou quenda horaria (8.30-11.30 e de 11.30-14.30 horas en quenda de mañá e 15.30-18.30 en quenda de tarde).

b) que o estudantado teña o mesmo día mais de 1,5 horas de clase da mesma materia, ou clases de menos de 2 materias.

c) cambios de horas entre diferentes graos e/ou cursos.

Calquera modificación realizada nos horarios de grao terá carácter temporal e só poderá aplicarse á materia solicitada no período solicitado, para o ano académico solicitado.

A Comisión Académico-Docente será a encargada de resolver (autorizar ou denegar) as solicitudes presentadas.

As instancias (formato .pdf) que conteñan as solicitudes presentaranse na Secretaría do Decanato.