GL ES EN
Actividades - SAPE
24/05/2017

UDC- Entidade da Rede Eusumo


Dentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, vaise levar a cabo na Coruña- Centro Universitario de Riazor (CUR) os seguintes cursos gratuítos, onde o prazo de inscrición xa está aberto. 

Trátase de 6 obradoiros presenciais e todos teñen unha duración de 20 horas*:     
  

1.- "Formación cooperativa para persoas que queren emprender". Do 30 de maio ao 2 de xuño

2.- "Novas economías, de que estamos a falar? As economías baseadas nas persoas de cara á sustentabilidade". Do 6 a 9 de xuño

3.- "Dinamización do cooperativismo nun sector potencial". Do 4 ao 7 de xullo

4.- "Achegándonos ao conflito. Habilidades sociais para a xestión do conflito".Do 11 ao 14 de xullo

5.- "Cooperativas de ensino. Unha alternativa de emprego". Do 29 de agosto ao 1 de setembro

6.- "Contabilidade para o emprendemento cooperativo". Do 19 ao 22 de setembro


Máis información no  seguinte enderezo web

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

SAPE- Emprego Udc

María Inmaculada Muñoz Pliego

Técnica de Emprego

Telf.: 981 337 400 Ext: 3616

emprego.vedc@udc.es