GL ES EN
Seminario de Doutoramento
23/05/2017

Seminario de doutoramento sobre “The effects of borders on regional growth”

a cargo do Dr. Ugo Fratesi (http://www.fratesi.net/home/) o MARTES 23/05/2017 ás 12:00 na aula POP1 da Facultade de Economía e Empresa da UDC. 

O Dr. Ugo Fratesi é profesor asociado de Economía Rexional no Politécnico de Milán dende decembro de 2010, no Departamento de Arquitectura, Construcción e Enxeñaría de construción (ABC) e da unidade de Investigación de economía rexional e urbana.

Licenciado cum laude en Economía e Máster en Economía pola Università Bocconi, posee un Máster en Desarrollo Económico Local (cum laude) pola London School of Economics (London, UK) e é Doutor en Economía pola Università Politecnica delle Marche (Italia).

A súa investigación céntrase nas disparidades e a política rexional, a aglomeración, o crecemento económico e o desenvolvemento local, e os diversos aspectos territoriais do capital humano e a innovación.

É editor de varios libros e membro do consello de redacción da Rivista di Scienze Regionali (Italian Journal of Regional Science), miembro da European Regional Science Association (ERSA), da Regional Studies Association (RSAI), da American Economic Association (AEA) e da Associazione Italiana di Scienze Regionali (AISRe).

Este curso forma parte do Programa de Doutoramento Inter-universitario e polo tanto realizarase un control de asistencia para que alumnado que asista o poda engadir ao seu correspondente “documento de actividades doutorando” . Aos cursos pode asistir todo o estudiantado de doutoramento e PDI interesado.