GL ES EN
Cátedra Inditex-UDC de RS
23/05/2017

Clausura do curso 2016-2017 da Cátedra Inditex-UDC de RS

Paraninfo da Reitoría, venres 2 de xuño

A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social celebra o próximo venres 2 de xuño o acto de clausura do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS), que contará coa terceira sesión do Ciclo de Conferencias ‘En Código Abierto’ e a entrega de diplomas aos 28 recentemente egresados.

Baixo o título “Podemos contribuír á dignidade do traballo no mundo, a unha globalización sostible?”, o responsable de RSC na Secretaría Internacional de CC.OO de Industria, Isidor Boix Lluch, abrirá o evento de clausura, que terá lugar ás 19.00 horas no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña e será presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde; o presidente do Consello Social, Antonio Abril; a vicerreitora do Campus de Ferrol e de RS, Araceli Torres; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo; e a directora da Cátedra Inditex-UDC de RS, Marta Rey.

Os interesados en asistir deberán inscribirse a través da páxina web da Cátedra (www.catedrainditexudc.org) antes do 1 de xuño.