GL ES EN
Bolsas BritishSpanish Society
19/05/2017

A BritishSpanish Society comprácese en anunciar o décimo ano do seu programa de bolsas para o 2017.

As solicitudes poden ser enviadas a partir de agora, con data límite de recepción o próximo 5 de xuño de 2017, para seis bolsas da orde de 4,500 £, cunha contía máxima de 5,000 £. Non se poderán aceptar solicitudes ou documentación adicional pasada a data límite.

As bolsas están dispoñibles para os estudantes que conten con nacionalidade británica ou española e concédense para estudos de posgrao en calquera disciplina, incluíndo calquera campo relacionado co traballo dos nosos patrocinadores que xenerosamente colaboraron no financiamento das bolsas.

Para mais información, visite a nosa páxina web:

http://www.britishspanishsociety.org/scholarships-how-to-apply

Solicitude: consultar .pdf