GL ES EN
Bolsas do Goberno Chinés 2017
11/03/2017

Información que nos chega dende o SEPIE relativa a publicación o pasado 14 de febreiro da Convocatoria de Bolsas do Goberno Chinés 2017-2018.

As Bolsas están dirixidas a persoas físicas de nacionalidade española ou dun país da Unión Europea que acrediten a súa residencia en España e que cumpran cos requisitos específicos esixidos para a modalidade de bolsa escollida. As modalidades de bolsas son as seguintes: 

  • Programa de Grao;
  • Programa de Mestrado;
  • Programa de Doutoramento;
  • Programa del Curso de Chinés;
  • Programa de Estadía de Investigación. 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 23 de marzo ás 14.00 horas (hora española).

Toda a información sobre esta convocatoria pódese encontrar en:

http://sepie.es/internacionalizacion/convocatorias.html   

http://www.esedu.org/publish/portal17/tab5158/info130820.htm