GL ES EN
Traballos Fin de Grao - Tribunais e Traballos
07/02/2017

Relación de Tribunais e Traballos de Fin de Grao. 

Data: 15-02-2017 (consultar .pdf



Indicacións para os membros dos tribunais

  1. Os tribunais poderán recoller os traballos na Administración da Facultade de Economía e Empresa en horario de mañá. O prazo para retirar os traballos comeza o 8 de febreiro e remata o 13 de febreiro ás 14.00 h.
  2. O secretario do tribunal será o encargado de custodiar a documentación e de entregar as actas da avaliación xunto co soporte que contén o traballo en formato electrónico.
  3. Se un profesor non puider acudir a un tribunal por unha causa xustificada, deberá propoñer un substituto de maneira que o tribunal resultante cumpra cos requisitos establecidos pola normativa aplicable (regulamento e acordos da comisión). Non serán válidos os cambios que provoquen a coincidencia nun mesmo tribunal dun profesor e un TFG que foi titorizado por este profesor. Para propoñer esta substitución, o prazo comeza o 8 de febreiro e remata o 13 de febreiro ás 14.00 h. Deberá informar da substitución e asemade presentar a sinatura do substituto/a aceptando a situación.
  4. IMPORTANTE: A revisión da cualificación á que fai referencia a normativa da UDC terá lugar o día e na aula que determine o tribunal cando publique as cualificacións, tendo en conta que se terá que anunciar con tres días de antelación.

Previamente ao acto de presentación e defensa, os tribunais serán informados de que estudantes dos asignados non poderán comparecer ante o dito tribunal por incumprimentos dos requisitos fixados na normativa.

Indicacións para os estudantes

  • A exposición non superará en ningún caso os vinte minutos.
  • Disporase de dez minutos para responder as preguntas do Tribunal.

Novidades introducidas no regulamento de TFGs na Xunta de Facultade

Apartado 3.2

Redacción aprobada:

O TFG deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas ao título. O TFG debe constituír unha metodoloxía de aprendizaxe que oriente o alumnado a reflexionar sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e a facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

En concreto, e no ámbito dos graos impartidos na Facultade de Economía e Empresa, o TFG propiciará que o alumnado desenvolva actividades de busca, xestión, organización, tratamento e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo co obxecto de chegar a conclusións ben fundamentadas. O traballo presentado polo alumnado para a súa avaliación -que poderá adoptar a forma de informe técnico, ensaio académico, proposta de procedementos e/ou elaboración ou adaptación de metodoloxías aplicables a problemas concretos do ámbito económico empresarial- deberá recoller as ditas conclusións e, de ser o caso, o proceso desenvolvido para a súa elaboración, se este fose de especial interese para a avaliación final do TFG.


Apartado 10.2

Redacción aprobada:

Os membros do tribunal realizarán un informe, conforme ao modelo que se elaborará para estes efectos, no que se avaliarán de 0 a 10 os seguintes aspectos:

a) Valoración do traballo (informe escrito): adaptación aos contidos/competencias da titulación (30%), organización e estrutura formal (30%), grao de dificultade (20%) e alcance das conclusións (20%).

b) Defensa do traballo (exposición oral): organización e capacidade de síntese (60%) e respostas ás preguntas do tribunal (40%).