GL ES EN
Recollida de Alimentos
08/04/2016

 

Un​ pouco da túa axuda é moito. Campaña de recollida de alimentos.

Segundo a publicación dun recente estudo do Instituto Galego de Estadística, correspondente ao primeiro trimestre do ano 2016, o 47,34% dos fogares galegos chega con dificultade e un​ 6,96% restante con moita dificultade. Para contribuír ao decrecemento desta situación, a Oficina de Cooperación e Voluntariado e o​ Banco de Alimentos Rías Altasen colaboración coa OMA ​ levarán a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas máis desfavorecidas da provincia da Coruña.

Dende o vindeiro día 11até o​ 22​ de abrilpoderedes atopar as caixas de recollida de produtos como legumes, arroz, aceite, cacao, conservas, café, cereais etc., nos campus de Oza, INEF, Zapateira, Elviña, Campus de Riazor e Reitoría en A Coruña, e nos​ campus de Serantes de Esteiro​ en Ferrol.

Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria nestes momentos de maior dificultade, non só buscando a solidariedade entre o estudantado, senón tamén facéndolles botar unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso redor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día.