GL ES EN
Xornadas de Marketing Expertise Internacional
16/02/2016

"Comercialización da Inovación" Días 18-19 e 25-26 de Febreiro de 2016 

INVITACION XORNADAS DE MARKETING EXPERTISE INTERNACIONAL NA COMERCIALIZACION DA INOVACION

Os expertos, Paul Breddels (Holst Centre Research Institute, Eindhoven) e Jürgen Janovsky e Rudolf Albert (Universidad de Pforzheim, Alemaña) participarán no III e IV Obradoiro Internacional de Marketing Expertise,  os días 18-19 e 25-26 de Febreiro 2016.

O III obradoiro co título: “Comercialización internacional de Tecnoloxía en inovación aberta: sintonizando liñas de investigación e necesidades da industria”, impartirase en  español e correrá a cargo dos expertos Dr. Paul Breddels e Dr. Jürgen Janovsky  (o 18 e 19 de febreiro).

O IV Obradoiro co título: “Comercialización da inovación: prácticas das compañías multinacionais“, impartirase en español polos expertos Dr. Rudolf Albert e Dr. Jürgen Janovsky (o 25 e 26 de febrero). Mais información e inscricións na web http://posgrado.innovacion.udc.es/noticias/

IV Taller Internacional Marketing Expertise

O Posgrao (Título Propio de Especialista Universitario) en Xestión Empresarial da Inovación, inicia a súa tercera edición o vindeiro 19 de febreiro, e está concebido para formar a profesionais en novos produtos, dirixirse a novos mercados e reorientar comercialmente a xestión da I+D+i.

No curso participan directivos e expertos de empresas inovadoras que explican de primeira man distintos casos de éxito e algúns dos erros que se cometen de xeito habitual cando nos movemos en escenarios de incertidume. Os participantes terán así unha oportunidade para alargar as relacións a través do networking.

Para mais información e inscricións consultar a web www.posgrado.innovacion.udc.es ou séguenos en Twitter @PosgradoUDC