GL ES EN
Plano Estratéxico da FEE
05/12/2014

Exposición Pública do Plano Estratéxico da Facultade

O equipo decanal do centro finalizou a elaboración da proposta provisional de Plano Estratéxico do centro para adaptalo ao aprobado a finais de 2013 para a UDC. Seguindo o procedemento PE 03 do SGIC, de "Elaboración e revisión do plano estratéxico dos centros da UDC", se abre un período de exposición pública no que calquera membro da comunidade universitaria pode enviar os seus comentarios e suxestións á Comisión de Garantía de Calidade. Transcurrido este período, elaborarase a proposta definitiva, que deberá enviarse a revisión e avaliación por parte da Vicerreitoría de Planificación Estratéxica. Finalmente o documento será presentado á Xunta de Facultade para a súa aprobación.

Plano Estratéxico da Facultade de Economía e Empresa (pdf)

Pregámosvos que enviedes os vosos comentarios ata o día 20 de decembro á seguinte dirección: estefania.mourelle@udc.es

Grazas pola vosa colaboración.