GL ES EN
Catedra Inditex - UDC de RS
06/11/2014

Curso de Especialización en Responsabilidade e Inovación Social - Fin de Preinscrición 15-11-2014.

Curso de Especialización en Responsabilidade e Inovación Social -  Primeiro Semestre 2015 

O vindeiro 15 de novembro remata o prazo de preinscrición no Curso de Especialización en Responsabilidade e Inovación Social, cuxa solicitud de implantación ten sido aprobada no Consello de Goberno na súa sesión do pasado 30 de outubro.

A Cátedra Inditex de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña comprácese en presentar a primeira edición do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social, promovido en colaboración co Consello Social da Universidade da Coruña.

O Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social será impartido durante o primeiro semestre de 2015 e cóntase coa participación de especialistas de recoñecido prestixio vinculados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas con destacada proxección no eido nacional e internacional.

Se desexa coñecer mais información sobre este proxecto, consulte a seguinte ligazón: http://catedrainditexudc.org