GL ES EN
Acreditación das Titulacións da FEE
27/03/2014

Dentro do proceso de renovación da acreditación dos títulos de grao (Economía, ADE e Ciencias Empresariais) e de Máster Universitario en Banca e Finanzas, este Decanato informa que o vindeiro 2 de abril de 2014 de 11.00 a 11.30 h na sala de Xuntas do Decanato terá lugar unha audiencia pública do equipo auditor con calquera persoa interesada en achegar a súa visión a respecto dos catro título obxecto de avaliación.

O Decanato convida e anima a todos os membros da comunidade universitaria e dos grupos de interese a participar nesta xuntanza.