GL ES EN
Seminario de Investigación
13/03/2014

Debido a que o Prof. José Luis Munuera está a sofrer unha infección gripal con febre alta, suspéndese a sesión prevista para mañ ás 11:45 h.

Porén,  mantense a intervención do Prof. Munuera noPosgrao de Inovación que se realizará no mesma aula POP3 a partires das 16:00 h.

Pregamos ás persoas interesadas en  asistir á charla do Prof. Munuera pola tarde, que envíen  un correo a fai@udc.es ou a uadi.eco@udc.es co obxecto de xestionar da forma mais axeitada o aforo da aula.

O Prof. Munuera manifesta tamén o seu dispor para calquer consello e divulgación da metodoloxía de investigación que él utiliza se fora de interese. Pregamos que disculpedes as molestias que poideramos ocasionar.

 



O vindeiro venres 14 de marzo, ás 11.45 horas da mañá, organizado polo Grupo de Investigación C+D e o programa de Doutoramento da Facultade de Economía e Empresa, o Prof. Jose Luis Munuera Alemán, Catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidad de Murcia e  coordenador do grupo de investigación I+D+M (http://www.imasdmasmk.es/lineasinvestigacion.asp), impartirá un seminario sobre “investigación en inovación e marketing: Metodoloxía e consellos prácticos”.  

 

O seminario impartirase no aula POP 0.3, ás 11.45 cunha duración aproximada de 1 hora.

 

Currículum ponente (pdf)