GL ES EN
Traballos Fin de Grao - TFG Bilateral
05/02/2014

OFERTA DE TFG DE CARÁCTER BILATERAL

Os estudantes que queiran tramitar un TFG bilateralmente cos profesores que figuran na seguinte listaxe (pdf) poden dirixirse directamente a eles para asinar, de ser o caso, a proposta de TFG segundo o documento previsto para tales efectos.

Esta proposta deberá está asinada polo profesor e alumno e deberá estar entregada na Secretaría do Decanato antes das 14.00 h do 14 de febreiro de 2014.

Unha vez rematado o prazo de ampliación de matrícula, a FEE procederá á publicar a listaxe dos TFGs que compoñen a oferta xeral da facultade. Os alumnos que ampliasen a matrícula e que estean sen traballo asignado terán que realizar a súa elección nun acto público que se convocará a final do mes de febreiro. Os alumnos con traballo asignado polo procedemento bilateral non terán que asistir a este acto.