GL ES EN
Obradoiro de Doutoramento
31/10/2013

A Comisión de Doutoramento da Facultade de Economía e Empresa realizará un obradoiro onde poderán asistir e participar estudantes de doutoramento, profesores e investigadores.

Durante dous días contará coa colaboración de destacados investigadores de universidades nacionais e internacionais, como John Stanton da University Saint Joseph (Philadelphia) e Frank Van Oort da University od Utrech.

O obradoiro constará de varias sesións a desenvolver os días 15 e 20 de novembro en horario de mañá onde se impartirán conferencias e seminarios para seguir coa presentación das propostas de novos proxectos de tese e os avances dos proxectos en fase de realización. Unha valiosa oportunidade porque os doutorandos contarán coa presenza de cotizados membros da comunidade científica e para a súa exposición disporán de 15 minutos cada un.

 
VENRES, 15 NOVEMBRO
Marketing e Innovación

John Stanton- Catedrático de Marketing (University Saint Joseph de Philadelphia) impartirá un seminario de doutoramento sobre Análisis conjunto de la utilidad de los atributos (claime) de nuevos productos.

A continuación, haberá unha sesión obradoiro de doutoramento onde o alumnado de doutoramento presentará os seus proxectos ou avances na investigación da tese.

 

MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO
Economía e Desenvolvemento Rexional e Innovación

Frank Van Oort- Catedrático da Unversity of Utrech impartirá a conferencia: “ Nuevos conceptos de distancia en redes de colaboración y cooperación

A continuación, haberá unha sesión obradoiro de doutoramento onde o alumnado de doutoramento presentará os seus proxectos ou avances na investigación da tese.

 

XOVES 21 OU VENRES 22 DE NOVEMBRO
Posibilidade de organizar obradoiros de doutoramento segundo demanda dos interesados

Os interesados en presentar e participar nestes obradoiros deberán remitir, antes do vindeiro día 7 de novembro unha solicitude onde fagan constar o tema da súa investigación, o director da tese ou titor do alumno y título de su trabajo (e a súa preferencia pola sesión de tarde o de mañá, caso de solicitar para os días 21 ou 22) dirixida a uadi.eco@udc.es facendo constar no asunto: OBRADOIRO DOUTORAMENTO NOVEMBRO 2013