GL ES EN
Bolsas StartUp - Fundación Universidade-Empresa
22/10/2013

A Fundación Universidade-Empresa abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar na terceira edición do programa Emprende as túas Prácticas, que se desenvolverá a partir de xaneiro de 2014 en start-ups de base tecnolóxica en Madrid, Barcelona, Valencia, A Coruña e Ávila.


Promovida pola Fundación José Manuel Entrecanales para a Innovación en Sustentabilidade (FJME), coa colaboración da Fundación Universidade-Empresa, esta iniciativa ten por obxectivo a de fomentar a cultura emprendedora entre os mozos, a de apoiar iniciativas empresariais con gran potencial que se desenvolven en España, e a de ofrecer prácticas de valor engadido para os universitarios.


Na súa terceira convocatoria, o Programa ofrece 31 prazas para estudantes de últimos cursos de Enxeñaría Informática, de Telecomunicación, Electrónica e Industrial, Arquitectura, Matemáticas, Física, Química, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Mercadotecnia, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Multimedia e Deseño Gráfico. As prácticas desenvolveranse en quendas de 4 horas, de mañá ou de tarde. Os candidatos seleccionados recibirán unha bolsa de axuda ao estudo de 400 € mensuais.


Nas dúas edicións anteriores do programa Emprende as túas Prácticas, desenvolvidas no segundo semestre de 2013, participaron xa 40 universitarios, seleccionados entre máis de 4.000 candidatos.


Os interesados en optar por unha das prazas convocadas deberán rexistrarse en http://www.fue.es/fjme antes do próximo 21 de novembro.

Convocatoria (pdf)

Folleto (pdf)