GL ES EN
Inicio Clases Ano Académico 2013-2014
07/09/2013

Na aplicación de Horarios e Grupos, xa se poden consultar os grupos do alumnado para o ano académico 2013-2014. (ligazón)

Lembramos

  • O alumnado do Grupo plurilingüe de ADE está asignado aos grupos 1º A e 2º D.
  • O alumnado do Curso Ponte para Diplomados de Empresariais esta asignado ao grupo DIP

 

INFORMACIÓN ÚTIL PARA OS PRIMEIROS DÍAS DO CURSO

A asignación de estudantes a grupos de clase darase a coñecer a través da aplicación de grupos  durante a fin de semana anterior ao principio das clases (09/09/2013).

Para que un estudante estea asignado a un grupo é imprescindible estar dado de alta en servizos. Se non estiver dado de alta, cómpre urxentemente que proceda a facelo na seguinte ligazón servizos

O luns 9 de setembro os estudantes dirixiranse ás aulas correspondentes segundo os grupos que teñen asignados.

Se un estudante non tiver asignado grupo, poderase dirixir ao Punto de Atención ao Estudante PAE. Estará situado na sala de xuntas nº 2 (entreplanta). O PAE atenderá ao estudantado en horario de 8,30 a 12,30 e de 15,30 a 17,30 h durante os primeiros días do curso 2013/14.

En ningún caso, o PAE atenderá solicitudes de cambios de grupo. Para isto, abrirase un prazo de solicitudes para aquelas persoas que satisfagan os requisitos contemplados na normativa vixente da Facultade de Economía e Empresa.

Xornada de Acollida Novo Estudantado

O estudantado de primeiro ano de todos os graos e simultaneidade de graos que se imparten na Facultade de Economía e Empresa deberán asistir á xornada de acollida que terá lugar o mércores 11 ás 18.30 h na Aula Magna.