GL ES EN
Charla Café
10/04/2013
Charla - Café Dpto. Normalización Lingüística (http://ir.gl/tomarcafe)

O vindeiro xoves 11, ás 18:30h na Sala de Xuntas II (Entreplanta, onda o Decanato) haberá unha reunión informal organizada pola Comisión de Normalización Lingüistica, en formato de charla-cafe, na que se falará sobre temas diversos, que alguén propoña ou que poidan xurdir sobre a marcha.

Por exemplo, nunha primeira charla falouse sobre as saidas laborais e as diferencias entre ADE e Economía, sobre as preferentes, vistas por alguén que traballaba nun banco nese momento e algunhas outras cousas ...

Os obxectivos desta reunión (e outras que se poidan organizar no futuro) serán dous:

  •     O primeiro: facer, con certa frecuencia, charlas informais entre alumnos e profesores voluntarios para falar-debater-informarse-preguntar-etc sobre temas que poidan ser do voso interese e que vós, o alumnado, propoña.
  •     O segundo: animar á xente a usar o galego, abrindo este espazo de conversas informais para que se anime a practicalo.

Se tés un momento, ou sentes curiosidade, anímate e date unha volta por alí, pensamos pasalo ben. :-)