GL ES EN

A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña ofrece a posibilidade de asistir ás clases do Grao en Administración e Dirección de Empresas nun grupo plurilingüe. A docencia no grupo plurilingüe está organizada de tal forma que un conxunto de materias das que compoñen cada ano o plan de estudos serán impartidas en inglés, supondo en total ditas materias como mínimo un 40% dos créditos ECTS ofertados na titulación

Materias 

Materias de Primeiro Curso con Docencia en Inglés (grupo 1º A):

- Statistics I.
- Principles of Microeconomics.
- Business Economics: Management and Organization.
- Principles of Macroeconomics (2017-2018)

Materias de Segundo Curso con Docencia en Inglés (grupo 2º C):

- Spanish and World Economy
- Microeconomics. Markets and Competition
- Introduction to Marketing
- Financial Accounting II
- Investment Theory

Materias de Terceiro Curso con Docencia en Inglés (grupo 3º A):

- Strategic management I
- Information systems for business financial management
- Commercial distribution
- Management Accounting

Materias de Cuarto Curso con Docencia en Inglés (grupo 4º D):

- Financial Planning
- Degree's Thesis  

O Suplemento Europeo ao Título (SET) reflexará a circunstancia de ter cursado a opción plurilingüe.

 

Matrícula e Requirimentos 

Como matricularse no grupo en inglés

1. Deberás realizar a túa matrícula no Grao en Administración e Dirección de Empresas, independentemente da túa elección con respecto ao grupo plurilingüe.

2. No momento de formalizar a matrícula na Administración do Centro, deberás solicitar a túa incorporación no grupo plurilingüe e 
a) presentar o teu certificado oficial ou 
b) inscribirte na  proba de inglés que se realizará no Centro de Linguas da UDC

Os únicos certificados aceptados son:

- Certificados homologados ACLES: B2 CERT.

- Certificados homologados UNICERT: Level 2.

- Certificados homologados CLES: Cles 2.

- First Certificate (ou superior) da Universidade de Cambridge.

- Escola Oficial de Idiomas, plan antigo (R.D. 967/1988): 2º ciclo superior.

- Escola Oficial de Idiomas, plan novo (R.D. 1629/2006): Avanzado 2.

- Mínimo de 87 puntos no TOEFL.

- 5.5 puntos en IELTS da Universidade de Cambridge.

- The European Lenguage Certificates (TELC): TELC B2.

- Trinity College, Integrated Skills in English (ISE): ISE II.

- London Test of English (LTE): Level 3.

- Universidade de Michigan: Certificate of Competency in English.

- Secundaria cursada completamente en sistemas británico ou estadounidense. 

 

3. Adxudicación de prazas

Poderán acceder aos grupos en inglés o alumnado que acredite un nivel B2 nas probas ou que aporten un dos certificados permitidos. No caso de que o número de persoas que quixeran acceder ao grupo en inglés sexa superior ao de prazas dispoñíbeis, entrarán no grupo os que teñan unha maior cualificación de admisión na Universidade.

4. Incorporación e desestimento nos grupos en inglés

Se elixes a opción en inglés formarás parte dun grupo separado do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Asistirás xunto con os teus compañeiros de grupo a todas as clases que constituen o plano de estudos de Grao, e un determinado número de materias serán impartdias en inglés en cada curso.

Ademáiss, habilitarase un prazo de 15 días desde o inicio do cuadrimestre para solicitar o cambio ao grupo ordinario. Neste caso, cambiarás de grupo e asistirás a todas as clases nas linguas oficiais de Galicia.