GL ES EN

CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

 

RECLAMACIÓNS

En cumprimento do disposto no artigo 29 da Normativa Académica de Evaluacións, de Cualificacións e de Reclamacións, comunícase que o prazo para interpor RECLAMACIÓN contra as cualificacións é a partir da data de publicación das cualificacións definitivas e até 10 días hábiles despois de terminar o prazo establecido no calendario académico oficial para a entrega de actas, mediante escrito dirixido ao/á Decano/a do Centro.

O escrito deberá motivarse nalgunha das seguintes circunstancias (art. 29 Normativa):

  • Inadecuación entre os contidos das actividades, dos traballos ou das probas e os previstos na guía docente (art. 3 desta normativa)
  • Utilización de procedementos/criterios de avaliación distintos dos establecidos na guía docente da materia (artigo 3 da presente normativa)
  • Erros obxectivos na cualificación
  • Falta de cumprimento do establecido nos artigos 22 a 23 desta normativa
  • Incumprimento dos artigos 8 e 9 desta normativa  
 

AVALIACIÓN POR COMPENSACIÓN

 

REQUISITOS

Concederase a avaliación por compensación aos estudantes que cumpran todos e cada un dos seguintes requisitos:

  • Que, matriculados en calquera titulación oficial, cursasen, polo menos, o 50% desta na Universidade da Coruña.
  • Que só lles reste unha materia para finalizar os estudos da titulación correspondente (coa excepción do Proxecto de Fin de Carreira, Prácticum, Prácticas Clínicas, Traballo de Fin de Grao e Traballo de Fin de Mestrado), e non transcorrese máis tres anos académicos desde a última convocatoria suspensa. 
  • Materias de Grao/Mestrado: Que se teñan presentado, como mínimo, a tres oportunidades de avaliación da materia que solicitan compensar. (Dúas oportunidades para materias do derradeiro curso da titulación.
  • Que nunha das oportunidades de avaliación obtiveran unha cualificación igual ou superior a 3,5 sobre 10, ou ben igual ou supeiro ao 60% da nota media desa materia no curso académico anterior... De non acadar esta cualificación mínimo o Tribunal pode valorar a solicitude de acordo no indicado no apartado c) do artigo 5.
  • Que a nota media do seu expediente académico, sen computar a materia en que se solicita a compensación, sexa igual ou superior ao 80% da nota media da súa titulación na última promoción con dereito a docencia.
  • Que estean matriculados na materia en que solicitan compensación, sempre que a normativa vixente llo permita. En caso contrario, deberán matricularse desa materia só aos efectos de concorrer ao proceso de avaliación por compensación. 

Formulario para solicitar avaliación por compensación

Normativa (versión consolidada 2016)