GL ES EN

CALENDARIO E PROCEDEMENTO PARA A DEFENSA DE TRABALLOS FIN DE MESTRADO. Ano Académico 2017-2018

 

CALENDARIO PARA A DEFENSA DE TRABALLOS FIN DE MESTRADO. Ano Académico 2016-2017

1. O TFM só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Mestrado, agás os correspondentes ao propio TFM. Para súa defensa e avaliación, o estudante disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades en cada curso académico.

De acordo co calendario académico 2016/2017, poderán optar por defender o seu traballo, previa solicitude nos prazos previstos, nas seguintes datas:

 

Sesión de xuño

 

Solicitude de defensa: do 1 ao 9 de xuño de 2017.

Defensa de traballos: do 19 ao 30 de xuño de 2017.

 

Sesión de xullo

 

Solicitude de defensa: do 3 ao 19 de xullo de 2017.

Defensa de traballos: do 26 ao 28 de xullo de 2017.

 

Sesión de setembro

 

Solicitude de defensa: do 26 ao 28 de xullo de 2017.

Defensa de traballos: do 8 ao 15 de setembro de 2017.

 

A primeira oportunidade de defensa e avaliación dos TFM realizarase no mes de xuño e a segunda oportunidade nos meses de xullo e setembro.

 

 

De forma excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do TFM para rematar os seus estudos, poderá defendelo no período establecido para a primeira oportunidade das probas de avaliación das materias do primeiro cuadrimestre.

 

Primeiro cuadrimestre:

Solicitude de defensa: do 9 ao 21 de decembro de 2016.

Defensa de traballos: do 12 ao 20 de febreiro de 2017.

 

2. O/a estudante presentará a solicitude de defensa e avaliación do TFM a través da Secretaría Virtual, segundo o modelo de impreso que o centro establecer e no prazo que se fará público para estes efectos. Nese momento, o estudante, en función da súa situación académica, indicará o momento de defensa elixido entre os períodos habilitados ao longo do curso.

 

3. Unha vez rexistrada a solicitude, o/a estudante deberá entregar a copia do resgardo de solicitude na Administración do centro xunto coa versión escrita do traballo por triplicado, a versión electrónica en pdf e a autorización do/a director/a para que o TFM poida ser defendido e cantos documentos estimar necesarios a comisión encargada. Os alumnos que non poidan acreditar a condición de terminación do estudo no momento de facer a solicitude, indicarán esta circunstancia e entregarán igualmente a copia do resgardo de solicitude que terá a consideración de pre-solicitude de defensa. Chegado o momento de poder acreditar continuarán co procedemento