GL ES EN

1. O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, agás os correspondentes ao propio TFG (art. 3.3 do Regulamento de Traballos de Fin de Grao). Para súa defensa e avaliación, o estudante disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades en cada curso académico.

De acordo co calendario académico 2016/2017, poderán optar por defender o seu traballo, previa solicitude nos prazos previstos, nas seguintes datas:

Primeiro período
Solicitude de defensa: do 20 ao 30 de xaneiro de 2017.
Defensa de traballos: 15 de febreiro de 2017.

Segundo período
Solicitude de defensa: do 6 ao 15 de xuño de 2017.
Defensa de traballos: 27 de xuño de 2017.

Terceiro período

Sesión de xullo
Solicitude de defensa: do 11 ao 17 de xullo de 2017.
Defensa de traballos: 28 de xullo de 2017.

Sesión de setembro
Solicitude de defensa: do 26 ao 28 de xullo de 2017.
Defensa de traballos: 5 de setembro de 2017.

 

2. O/a estudante presentará a solicitude de defensa e avaliación do TFG a través da Secretaría Virtual no prazo habilitado para estes efectos. Nese momento, o estudante, en función da súa situación académica, indicará o momento de defensa elixido entre os habilitados ao longo do curso.

 

3. Unha vez rexistrada a solicitude, o/a estudante deberá entregar a copia do resgardo de solicitude na Administración do centro xunto coa versión escrita do traballo por triplicado e a versión electrónica en pdf. 

A versión escrita será conforme ao modelo de TFG publicado nesta páxina web. A impresión será a dobre cara e o encadernado con tapa branda. O servizo de reprografía da facultade dispón do modelo e do material para realizar o encadernado de acordo cos criterios establecidos.

Entregarase un único disco físico (CD, DVD) que estará identificado con letra de imprenta. Os datos que deben constar no disco (non na carátula) son: autor, título do traballo e ano.

O exemplar do TFG en formato electrónico deberá estar contido nun único arquivo en formato PDF. Ó arquivo PDF poderá incluír ligazóns de hipertexto e información multimedia. O arquivo que contén o documento principal deberá ter o nome do autor e o ano de defensa. Para máis información podes consultar as Recomendacións para a elaboración da copia en pdf do TFG.

 

4. O titor deberá realizar, nos mesmos prazos establecidos para a solicitude de defensa, o seu informe na súa Secretaría Virtual.


5. Unha vez acabado o prazo de solicitude de defensa, a Comisión de TFG nomeará os tribunais en función do número de solicitudes. Publicarase a listaxe de defensa no prazo dunha semana a partir do final de prazo de solicitude. A Administración do Centro entregará a documentación que proceda ao secretario/a do tribunal de avaliación, quen deberá facer chegar unha copia do traballo a cada un dos membros deste.

Páxina TFG