GL ES EN

QUE É O PAT?:

O PAT é un plan de atención titorial que ofrece a Universidade da Coruña para orientar o teu desenvolvemento académico ao longo da túa vida universitaria. Actualmente no centro estase a ofertar aos alumnos de grao e master.

 

EN QUE TE PODE AXUDAR?:

• ACOLLER e FACILITAR a adaptación na UDC dun xeito máis persoal a cada alumno/a.

• ORIENTAR académicamente e profesionalmente.

• ACOMPAÑAR-SEGUIR ao alumnado no proceso de aprendizaxe.

• MEDIAR nas relacións problemáticas que se poidan dar puntualmente.

• AXUDAR no ámbito persoal si fora necesario ou remitilo a outros servizos se non é posible.

 

QUEN TE VAI A AXUDAR?:

Se decides participar no PAT terás asignado un titor/a (profesor ou profesora da FEE) que te acompañará ao longo de toda a túa vida académica.

    Consulta aquí o listado de titores/as de grao para o curso 20/21.

    Consulta aquí o listado de titores/as de máster para o curso 20/21.

Se xa estiveches matriculado no Grao no ano académico anterior ou precedentes o teu titor/a segue a ser o mesmo do primeiro curso no que te matriculaches.

    Consulta aquí o listado de titores/as de grao para os cursos anteriores.

 

COMO TE VAI A AXUDAR?:

Titorías grupais (alumnado de grao):

  • Como mínimo contarás con 3 reunións por curso (ao comezo, final do 1º cuadrimestre e final de curso).
  • A frecuencia na súa utilización dependerá da necesidade sentida polo estudantado e polo titor ou titora asignado.

Titorías individuais (alumnado de grao e máster):

  • En calquera caso poderás manter contacto co teu titor/a sempre que o precises (mail ou outras vías institucionais que o titor/a indique).

 

O PAT TAMÉN OFRECE:

1. Titora Atención á Diversidade: pretende facilitar a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. En colaboración directa coa ADI (Unidade Universitaria de Atención á Diversidade).

    Consulta aquí a titora ADI para o curso 20/21

2. Titoras Senior (para últimos cursos): ofrecerá información e asesoramento mais personalizado de cara a un futuro investigador, laboral e/ou empresarial do alumnado que están nos últimos cursos e remata a súa formación na nosa facultade.

    Consulta aquí o listado de titores/as senior para o curso 20/21

3. Alumnado mentor (para primeiros cursos): alumno/a de últimos cursos de Grao que coñeza, valore e teña participado activamente no Plan Titorial da Facultade e servirá de punto de referencia para o resto dos alumnos/as, en especial para os/as de novo ingreso.

     Consulta quen é o/a teu mentor/a (Proximamente dispoñible)

    Faite mentor/a

4. Servizo de Formación e Recursos: encargarase de crear, xestionar e ofrecer materiais e recursos formativos transversais tentando dar resposta ás distintas necesidades que poidan xurdir no eido do estudo e da inserción laboral.

     (Proximamente dispoñible)

 

QUE PEDIMOS A CAMBIO?:

A cambio pedirémosche que asistas ás reunións de titorización que se programen (3 por curso normalmente) e que avalies o PAT

 

INSCRÍBETE AQUÍ

 

RECURSOS:

Guía Básica de Acollida da FEE

 

CONTACTO:

Coordinadora: María J. Rodríguez Gulías

 

Accede ao blog do pat (ata o curso 2019-20) aquí