GL ES EN

PROGRAMA

Estructura

Formación básica

Especialidade en Economía, políticas urbanas e territoriais

Especialidade en Políticas sociais

Guías docentes das materias 

 
 
 
 
 
 
 

ESTRUTURA

A estrutura curricular do MXPP divídese en catro grandes bloques: Formación base, coñecemento especializado, prácticas e tese de máster.

 

N Módulo materia Denominación  Crédit ECTS  Carácter Unidade 
Temporal
(cuadrimestre)
1.      Módulo Formación básica  24 Obrigatorio
2.      Módulo Economía, políticas urbanas e territoriais 24 Especialidade
3.      Módulo Políticas sociais 24 Especialidade
4.      Materia Prácticas 6 Obrigatorio
5.      Materia Máster Tese 6 Obrigatorio

 

FORMACION BASICA

 

1.  Marco xurídico para a xestión das políticas públicas (3 ECTS)

A organización administrativa. O procedemento e o acto administrativo. O control da actividade administrativa. Contratos das administracións públicas. As sancións administrativas. A expropiación forzosa. O dominio público. O modelo de xestión do persoal na Administración Pública: a función pública; RPT; procesos selectivos; a retribución.

2. Institucións  e políticas na Unión Europea (3ECTS)

A economía constitucional e orden xurídico-político da economía europea. A Unión Europea: Atribución de competencias e sistema institucional. Políticas europeas ligadas ao estado do benestar: desenvolvemento e execución.

3. Financiamento das facendas subcentrais (3 ECTS)

Análise das cuestiones teóricas básicas vinculadas ao financiamento de gobernos multinivel. Experiencias en países do entorno próximo. O sistema de financiamento das Comunidades Autónomas e dos gobernos locais en España. 

4. Avaliación de programas e proxectos públicos (3 ECTS)

Métodos cuantitativos e cualitativos, técnicas e habilidades necesarias para a avaliación de programas no sector público. Utilización de conceptos e técnicas coas que os administradores do sector público e doutras entidades poidan derivar en melloras e cambios organizativos.

5. Contabilidade pública (3 ECTS)

Nocións básicas de Contabilidade. A contabilidade pública. Plan Xeral de contabilidade pública. Programación e planificación financeira. Incidencia do orzamento na Contabilidade Pública. Xestión contable local. O Plan Contable das entidades locais.

6. Orzamentos e control da xestión pública (3 ECTS)

Procedemento de elaboración e aprobación. Procedemento de execución. Técnicas de xestión orzamentaria. Control económico, financeiro, operativo, fiscal e legal dos fondos públicos. O control interno. O control externo (Parlamento, Consello de Contas). As infraccións

7. Calidade e Xestión Pública (3 ECTS)

Concepto de calidade. As cartas de servizo. Modelos de aseguramento da calidade (normas ISO 9000). Os modelos de excelencia. Avaliación dunha organización segundo o modelo EFQM.

8. Goberno dixital: implantación e estratexias de e-administración (3 ECTS)

As novas tecnoloxías permiten que as administracións dispoñan dun abano importante de alternativas para a comunicación e a articulación de iniciativas políticas, sanitarias, educativas ou de benestar social. Estudo de experiencias concretas relacionadas coa aplicación das TIC’s que amosan as diferentes vías de desenvolvemento que existen para a administración virtual, as alternativas para implicar aos cidadáns na decisión e xestión dos asuntos públicos.

 

ESPECIALIDADE. ECONOMÍA, POLÍTICAS URBANAS E TERRITORIAIS

 

1. Xestión ambiental e desenvolvemento sostible (3 ECTS)

Estudio das metodoloxías e técnicas de valoración económica de bens ambientais e de técnicas para a valoración económica de danos ambientais. Análise dos aspectos metodolóxicos e teóricos da política económica do medio ambiente e dos obxectivos e instrumentos da política económica ambiental desde as perspectivas teórica e aplicada. Coordinación entre administracións e solución de posibles conflitos.

2. Economía de Galicia. Economía territorial e políticas públicas (3 ECTS)

A economía de Galicia ante os procesos de transformación, adaptación e cambio estrutural, como fórmula e resposta á  inserción nunha economía máis global, internacionalizada e competitiva. A estrutura económica de Galicia e aplicación de políticas públicas.

3. Desenvolvemento rexional e urbano e políticas públicas (3 ECTS)

Teorías sobre a interacción entre espazo e economía. Teorías sobre o desenvolvemento rexional e factores incidentes. Estudio da especificidade das economías urbanas. Técnicas de análise e diagnóstico rexional e local. Axentes e instrumentos da política económica rexional. Planificación estratéxica. Políticas rexionais e locais no contexto europeo.

4. Políticas de dotación e mellora do capital produtivo (3 ECTS)

Concepto, factores e indicadores; Competitividade e globalización; Innovación e cambio tecnolóxico; Políticas industriais; Políticas de defensa da competencia; Política tecnolóxica; Políticas de infraestruturas; Política comercial e competitividade exterior; Políticas de competitividade e innovación na Unión Europea.

5. Políticas de emprego (3 ECTS)

Análise teórica e aplicada do mercado de traballo, dos seus indicadores e das políticas de emprego. Impacto social das políticas de ocupación. Especial incidencia no estudio do mercado laboral e das políticas de emprego desde unha perspectiva territorial.

6. Facenda Pública estratéxica e políticas públicas (3 ECTS)

Centrarase no dobre obxectivo de analizar: a) o fenómeno da privatización e a súa relación co estado do Benestar, a xestión dos servizos públicos en perspectiva histórica así como casos seleccionados de privatización en áreas de referencia e b) a imprescindible coordinación das políticas públicas ao lado dos recursos e empregos, posibilidades e límites dadas pola Política Fiscal como rede articuladora da implantación das anteditas políticas.

7. Técnicas para a análise das políticas públicas (3 ECTS)

A aplicación de técnicas estatísticas usadas habitualmente na análise das políticas públicas e na toma de decisións. O curso inclúe a simulación mediante ordenador de problemas de políticas reais para demostrar a aplicación das técnicas estatísticas.

8. Dirección estratéxica e análise organizativo nas administracións públicas (3 ECTS)

Administración e xestión de persoal. Modelos de organización do emprego público. Políticas e administración do emprego público. Xestión de recursos humanos nas administracións públicas: a formación e a planificación de recursos humanos, previsión de necesidades, desenvolvemento de recursos humanos e acción colectiva. Funcións básicas de dirección nas Administracións Públicas. Habilidades directivas e toma de decisións. Técnicas de negociación y resolución de conflitos. Motivación, comunicación e liderazgo. Ética pública e servizo público.

 

ESPECIALIDADE. POLÍTICAS SOCIAIS

 

1. O xénero na nova axenda do Estado do Benestar (3 ECTS)

As mulleres están entre os suxeitos máis vulnerables de exclusión social. Se examinan as políticas públicas contra a discriminación da muller: laboral, violencia doméstica, etc. Protección do menor, adopción/custodia, gardería, compatibilidade da vida familiar co traballo fora do fogar, etc. Exame das políticas de igualdade en Europa e España.

2. Terceira idade e dependencia (3 ECTS)

O envellecemento da poboación nos países máis desenvolvidos obriga a estudar unha serie de servizos e prestacións que permiten mellorar a calidade de vida das persoas maiores. A unión do envellecemento da poboación e os cambios socioeconómicos (incorporación da muller ao traballo, descenso da natalidade, a urbanización e en especial a función de coidadoras tradicionalmente asumida polas mulleres) fai que cada vez exista unha maior demanda de servizos destinados á atención das persoas dependentes. Experiencias.

3. Políticas contra a pobreza e outras vertentes de exclusión (3 ECTS)

Analizaranse os diferentes conceptos de pobreza e os factores explicativos. A inmigración e os ricos de exclusión social. Deseño e xestión das políticas contra a  pobreza así como algunhas experiencias europeas e a realidade española e os seus impactos sobre o comportamento e a redución efectiva das situacións de pobreza.  

4. Políticas educativas (3 ECTS)

Cuestións clave como as políticas educativas e o seu financiamento, o papel das comunidades autónomas e dos gobernos locais, comparacións internacionais, etc. Contidos e instrumentos da política educativa. Impacto da política educativa sobre a actividade económica e a distribución da renda. Avaliación de políticas educativas.

5. Políticas de sanidade (3 ECTS)

O sistema sanitario en España. O orzamento sanitario e o financiamento da sanidade. A adopción de políticas sanitarias. Interrelación público e privado en sanidade. Innovación organizativa en sanidade. Incentivos e eficiencia no sistema sanitario público. Establecemento de prioridades nas prestacións sanitarias. Política sanitaria e crecemento económico rexional.

6. Políticas de vivenda (3 ECTS)

Análise da política de vivenda como elemento que contribúe a acadar obxectivos xerais da política económica dun país ao mesmo tempo que é un elemento básico de cohesión social. Neste módulo se da unha visión dos obxectivos, os instrumentos, e o funcionamento da política de vivenda. 

7. Novos instrumentos de xestión pública (3 ECTS)

As principais reformas organizativas no ámbito da xestión pública que se propoñen na actualidade, as condicións para a súa aplicación eficaz e as experiencias que as ilustran estudadas desde a perspectiva do modelo principal-axente. O coñecemento dos novos instrumentos da xestión pública debe contribuír necesariamente á mellora da eficiencia dos recursos empregados na instrumentación das políticas públicas. 

8. Comunicación institucional e marketing público (3 ECTS)

Coñecementos teóricos e experiencias prácticas para o uso das estratexias e medios de comunicación externa que posibiliten a mellora da difusión da mensaxe entre unha administración pública e os seus cidadáns. Analizar os mecanismos que permitirán optimizar as actividades comunicativas para mellorar a imaxe no seu contorno.

  

GUÍAS DOCENTES DAS MATERIAS

Guías docentes das materias