GL ES EN

É o órgano de goberno da Facultade e está composto nun 63% por PDI, un 28% por estudantes e un 9% por PAS.

 

Principais Funcións da Xunta de Centro: 

 

  • Elixir o/a decano/a e, se for o caso, revogalo/a.
  • Supervisar a xestión dos diferentes órganos de goberno e administración do centro.
  • Informar sobre a implantación de novas titulacións e estudos.
  • Elaborar e aprobar as propostas de planos de estudos das titulacións que se impartan no centro.
  • Formular anualmente, antes do comezo do curso académico, o plano docente do centro coordinadamente cos departamentos adscritos ao centro.
  • Organizar, supervisar e informar sobre as actividades docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito de competencia, e coordinar e supervisar o desenvolvemento dos contidos mínimos das materias impartidas neles polos departamentos, de acordo cos planos de estudo e cos obxectivos establecidos para cada titulación.
  • Programar os servizos e equipamentos do centro e mais supervisar a súa xestión.
  • Acordar a distribución dos créditos concedidos ao centro e controlar a súa aplicación.