GL ES EN

Composición da Comisión de Biblioteca:

  • O/a decano/a ou persoa en quen delegue.
Gómez Suárez, Manuel Alberto

  • O/a secretario/a da facultade, que actuará como secretario da comisión.
Lema Fernández, Carmen Socorro

  • O/a director/a da biblioteca do centro.
Parga Massa, Mª José
 
  • Seis representantes do PDI membro da Xunta de Facultade, dos cales dous pertencerán ao Departamento de Economía, dous ao de Empresa e dous ao resto dos departamentos, todos elixidos/as entre todos os membros do PDI na Xunta de Facultade.
Calvo Babío, Nuria ( departamento de Empresa)
De Llano Paz, Fernando (departamento de Empresa)
Rivera Castiñeira, Berta (departamento de Economía)
Vacante (departamento de Economía)
Vacante (outros departamentos)
Vacante (outros departamentos)

  • Tres representantes do estudantado na Xunta de Facultade.
Vacante
Vacante
Vacante

  • Un membro do PAS da biblioteca do centro.
Calderon Bustamante, Esther
 
 
 

Competencias Delegadas na Comisión de Biblioteca:

 

  • Participar na proposta de mellora dos servizos, espazos e equipamento da biblioteca.
  • Elevar propostas de mellora á Comisión de Biblioteca da UDC.
  • Propor criterios de distribución do orzamento da biblioteca de centro ou intercentros.
  • Velar polo cumprimento das directrices xerais na área da súa competencia, dentro do marco do Regulamento de Organización e Funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC, aprobado no Consello de Goberno do 22 de maio de 2008.
  • Analizar as propostas, suxestións e reclamacións dos usuarios da Biblioteca que non poidan ser resoltas polo/a director/a da biblioteca de centro ou intercentros.
  • Resolver calquera cuestión relacionada co servizo que lle someta a consideración o/a seu/súa presidente/a ou un terzo, polo menos, dos membros da comisión.
  • Elaborar, no seu caso, unha normativa de uso interno da biblioteca.
  • Calquera outra función, dentro do ámbito da súa competencia, que lle sexa encomendada.