GL ES EN

Composición da Comisión de Garantía de Calidade:

 

  • Presidencia: o/a decano/a.
Calvo Silvosa, Anxo

  • Vicepresidencia: o/a vicedecano/a responsable de Calidade.
Mourelle Espasandín, Estefanía

  • Secretario/a: o/a secretario/a académico do centro, que actuará como secretario/a da comisión.
Álvarez Domínguez, M. América

  • Coordinadores/as dos títulos oficiais de grao e mestrado.
Lema Fernández, Carmen Socorro (Grao en Ciencias Empresariais)
Pena López, Atilano (Grao de Economía)
Piñeiro Sánchez, Carlos ( Mestrado Universitario en Banca e Finanzas)
Rodríguez Fernández, Magdalena (Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas)
Ruiz Lamas, Fernando (Mestrado Universitario de Contabilidade Superior e Auditoría de Contas)
Sánchez Sellero, Mª del Carmen (Grao en ADE)

  • Administrador/a ou persoa da administración ou unidade de xestión académica integrada responsable da xestión administrativa das titulacións do centro en quen delegue.
Nodar Vázquez, José

  • Cinco representantes do PDI membro da Xunta de Facultade, dos cales dous pertencerán ao Departamento de Economía, dous ao de Empresa e un ao resto dos departamentos, todos elixidos/as entre todos os membros do PDI na Xunta de Facultade.
Iglesias Antelo, Susana (Departamento Empresa)
Lagoa Varela, M. Dolores (Departamento Empresa)
Méndez Naya, José (Departamento Economía)
Rungo, Paolo (Departamento Economía)

  • Dous representantes dos estudantes (un deles, se é posible, de Terceiro Ciclo), designados pola Xunta de Facultade.
Vacante
Vacante

  • Un representante do PAS do centro, designado pola Xunta de Facultade.
Vacante

  • Un técnico da Unidade Técnica de Calidade , con voz e sen voto.

 

  • Convidados permanentes: O presidente desta comisión poderá remitir un convite de carácter permanente a persoas que non pertenzan á comunidade universitaria e que figuren dentro das institucións ou empresas coas que a Facultade de Economía e Empresa ten convenios de prácticas. Estes convidados poderán actuar con voz, mais sen voto nas reunións da comisión.
 

Competencias delegadas na Comisión de Garantía de Calidade:

 

  • Verificar a planificación do SGIC (Sistema de Garantía Interno de Calidade) do centro, de modo que se asegure o cumprimento dos requisitos xerais do MSGIC (Manual de Garantía Interno de Calidade), da política e os obxectivos da calidade e dos requisitos contemplados nas guías de verificación e certificación correspondentes.
  • Recibir información do/a decano/a sobre a política e os obxectivos xerais da calidade do centro e difundir esta información polo resto do centro.
  • Recibir e, no seu caso, coordinar a formulación dos obxectivos anuais do centro e realizar o seguimento da súa execución.
  • Realizar o seguimento da eficacia dos procesos a través dos indicadores asociados a estes.
  • Recibir información da dirección sobre os proxectos de modificación do organigrama e posicionarse ante estes.
  • Controlar a execución das accións correctivas e/ou preventivas, das actuacións derivadas da revisión do sistema, das accións de resposta ás suxestións, queixas e reclamacións e, en xeral, de calquera proxecto ou proceso que non teña asignado especificamente un responsable para o seu seguimento.
  • Estudar e, no seu caso, aprobar a implantación das propostas de mellora do SGIC suxeridas polos restantes membros do centro.
  • Decidir a periodicidade e a duración, dentro do seu ámbito de competencia, das campañas de recollida de enquisas de medida da satisfacción dos grupos de interese.
  • Recibir información do/a Profesor/a Responsable de Calidade e Converxencia dos resultados das enquisas de satisfacción e propor criterios para a consideración das propostas de mellora que se poidan derivar deses resultados.
  • Todas aquelas outras que estableza a Xunta de Facultade.