GL ES EN

Composición da Comisión Académica-Docente:

 

  • O/a decano/a, que a convocará e presidirá.
Gómez Suárez, Manuel Alberto
 
  • O/a secretario/a da facultade, que o/a será tamén da Permanente.
Lema Fernández, Carmen Socorro
 
  • O/a vicedecano/a con responsabilidades en organización académica.
Muiño Vázquez, María Flora
 
  • O/a administrador/a do centro.
Nodar Vázquez, José
 
  • Os/as coordinadores/as das titulacións do centro adaptadas ao EEES.
Calo Blanco, Aitor (Mestrado Universitario en Economía)
Peón Pose, David Olegario (Mestrado Universitario en Banca e Finanzas)
Rodríguez  Fernández,  Magdalena (Mestrado Universitario en Dirección y Administración de Empresas)
Ruiz Lamas, Fernando (Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas)
Sánchez Sellero, Mª del Carmen (Grao en ADE)
Suárez Massa, Mª Isabel Ana (Grao en Ciencias Empresariais)
Varela Candamio, Laura (Grao en Economía)
 
  • O/a coordinador/a de intercambios.

Mezo Balaca, Inés

 

  • Cinco representantes do PDI membro da Xunta de Facultade, dos cales dous pertencerán ao Departamento de Economía, dous ao de Empresa e un ao resto dos departamentos, todos elixidos/as entre todos os membros do PDI na Xunta de Facultade.
García Arthus, Emilia (Departamento Empresa)
Mariz Pérez, Rosa María (Departamento Empresa)
Rungo, Paolo (Departamento Economía)
Vilar Rodríguez, Margarita (Departamento Economía)
Vacante (outros departamentos)

  • Cinco representantes dos estudantes, membros da Xunta de Facultade.
Cornes Herrero, Isabel
Pedrouzo Miguélez, Sara
Vacante
Vacante
Vacante

  • Un/ha representante do PAS na Xunta de Facultade.
López Dosil, Ana Belén
 

 

Competencias delegadas na Comisión Académica-Docente:

 

  • Planificación e desenvolvemento da actividade docente, cumprimento do profesorado, organización de espazos físicos, calendarios, exames e outras cuestións relacionadas coas devanditas actividades.
  • Estudar e recomendar as validacións de materias solicitadas polos/as estudantes.
  • Estudar e recomendar o recoñecemento e transferencia de créditos do EEES solicitados polos/as estudantes.
  • Estudar e informar o recoñecemento de créditos de libre configuración solicitados.
  • Estudar e recomendar o cadro de adaptacións.
  • Recomendar o cadro de equivalencias ERASMUS e SICUE.
  • Organizar, coordinar e supervisar as prácticas en empresas e institucións externas co obxecto de garantir a calidade na formación dos/as estudantes.
  • Contribuír á ampliación e fomento dos convenios de cooperación que impliquen a mobilidade académica dos/as estudantes do centro.
  • Fomentar as actividades formativas, docentes e investigadoras do persoal docente da facultade noutras institucións educativas e investigadoras internacionais.
  • Aumentar a proxección externa das nosas titulacións.
  • Propoñer cada ano académico os membros dos tribunais das teses de grao e mestrado.
  • Propoñer os/as coordinadores/as das titulacións.
  • Organizar e desenvolver, nos mestrados universitarios, o ensino que non estea encargado a área ou áreas de coñecemento dun departamento.
  • Velar pola coherencia da planificación e organización dos plans de estudio.
  • Establecer criterios e procedementos para resolver incidencias docentes.
  • Establecer os mecanismos para que os programas/guías das materias, sexan públicos e accesibles para os/as estudantes.
  • Establecer no seu seo a composición do órgano de admisión para os/as alumnos dos mestrados propostos pola Xunta de Facultade.
  • Todas aquelas outras que estableza a Xunta de Facultade.