GL ES EN
  • Graos en Economía, ADE e Empresariais
    Graos Plurilingües e Grao Internacional en ADE coa University of South Wales
    Simultaneidades en ADE+DEREITO e EMP+TURISMO
    NOVO! Grao Aberto
    Mestrados en Finanzas, Empresa, Auditoría e Economía
  • Titulacións
  • Catro Mestrados

Destacado

REPRESENTANTES DO ESTUDANTADO

Contacto.

ENLACE DE UBICACIÓN NAS AULAS

Formulario OBRIGATORIO de ubicación na aula

(debe cubrirse durante a sesión, unha vez ocupado o puesto)  

GRUPO DE INNOVACIÓN DOCENTE DA FEE

Participa e consulta a sua web

Alumnado NERTA

Información para alumnado admitido polo NERTA nesta facultade.

Calendario de Exames 2020/2021

Calendario de Exames 2020/2021

Ver todas

Novas

06/04/2021

O alumno do Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais; Iago Fernández del Río, gaña o I Concurso de deseño do suadoiro e outros artigos da Facultade de Economía e Empresa convocado polo Pan de Acción Titorial (PAT) do centro.

A través deste concurso, o PAT da Facultade de Economía e Empresa quixo dar unha maior publicidade e visibilidade tanto á Facultade coma ao seu PAT. Ao concurso presentáronse un total de 28 deseños de grande calidade propostos por alumnado das diferentes titulacións impartidas no centro.

25/03/2021

Coa idea de difundir e promover o coñecemento económico en xeral, a Facultade de Economía e Empresa dende o Plan de Acción Titorial (PAT) de maneira conxunta co programa radiofónico “Sábados no Cruceiro” que se emite no 93,9 da FM na Radio FilispiM, así como a través de internet mediante streaming, convocan o I PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DE TERMOS ECONÓMICOS DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA NA RADIO FILISPIM. Mediante este programa proponse ao estudantado unha actividade de divulgación económica a través da elaboración de pequenos vídeos.

24/03/2021

Do 8 de marzo ao 8 de abril vive unha distopía feminista ambientada na Universidade da Coruña. Neste xogo virtual achegaraste a diversos contidos sobre a muller na economía e na sociedade para resolver misións, atopar caixas escondidas polo campus e frustrar os plans da Comisión de Filtrado Bibliográfico (CFB) e do Réxime da Verdade. Ademais, poderás gañar un lote de agasallos que inclúen o libro “Senlleiras” asinado por Antía Yáñez, o libro “Violencias de Género: Persistencia y nuevas formas” de Ana Jesús López Díaz, un CD de música de A banda da loba, material de oficina, lambetadas, etc. ¡Infórmate e comeza a xogar xa entrando en O legado de Erea !

24/03/2021

Descubre o papel das mulleres na economía e na sociedade a través dunha escolma de obras académicas e de divulgación, novelas e materiais audiovisuais. Coñecerás referentes femininas no eido dos coidados, a perspectiva de xénero, a política, a economía, o cambio climático, etc. Todas elas deixan constancia das dúas caras da mesma moeda: por un lado, as dificultades que atopan as mulleres no seu día a día para acceder a postos de liderado e para saír do camiño invisible marcado pola sociedade e, polo outro, a súa capacidade para empoderarse e acadar as metas e obxectivos que se propoñen. Accede en Exposición Virtual 8M: Muller, economía e sociedade 

02/03/2021

Estudantes do MUDAE gañan por segundo ano consecutivo a Edición da Global Management Challenge (GMC) Galicia.

28/02/2021

Mañá luns, nova volta a presencialidade nas Universidades galegas con todos os protocolos de seguridade en funcionamento. 

Recuperar las clases prácticas, gran reto ante la vuelta al aula universitaria (lavozdegalicia.es)

21/02/2021

Equipa dirixida polo profesor Fernando Bruna, participa nun proxecto da Fundación La Caixa.

 

Buzón de suxestións

Mestrados

Cátedras