Novas

Novas

Horarios Ano Académico 2017-2018 (09-05-2017)

Horarios oficiais aprobados na Xunta de Facultade (consultar .pdf) 

Aviso: Atualizados horarios 3º C GECO (2º Cuadrimestre) (09/05/2017)

Prazo para solicitar cambios de horario

Para dar cumprimento á normativa vixente, dende o 09/05/2017 até o 31/05/2017 o profesorado poderá solicitar cambios de horario para o curso 2017/2018.

As normas vixentes de solicitude son as seguintes:

1) As solicitudes de cambio deberán vir asinadas polos profesores das materias ou, de ser caso, polo director do departamento.

2) As solicitudes de cambio poderán ser admitidas sempre que non supoñan:

a) Trasladar horas fóra da franxa e/ou quenda horaria (8.30-11.30 e de 11.30-14.30 horas en quenda de mañá e 15.30-18.30 en quenda de tarde).

b) que o estudantado teña o mesmo día mais de 1,5 horas de clase da mesma materia, ou clases de menos de 2 materias.

c) cambios de horas entre diferentes graos e/ou cursos.

Calquera modificación realizada nos horarios de grao terá carácter temporal e só poderá aplicarse á materia solicitada no período solicitado, para o ano académico solicitado.

A Comisión Académico-Docente será a encargada de resolver (autorizar ou denegar) as solicitudes presentadas.

As instancias (formato .pdf) que conteñan as solicitudes presentaranse na Secretaría do Decanato.

 

 

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia