Destacado
REPRESENTANTES DO ESTUDANTADO
REITOR E CEO DE HIJOS DE RIVERA ABRIRON O CURSO 2020/21
O CEO de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, impartiu a conferencia inaugural, retransmitida a través da UDCTV.
ENLACE DE UBICACIÓN NAS AULAS
Formulario OBRIGATORIO de ubicación na aula
(debe cubrirse durante a sesión, unha vez ocupado o puesto)
GRUPO DE INNOVACIÓN DOCENTE DA FEE
Alumnado NERTA
Información para alumnado admitido polo NERTA nesta facultade.
DEFENSA DE TFGs E TFMs
Calendario e procedemento de solicitude de avaliación de TFG 2020/2021
Calendario e procemento de solicitude de avaliación de TFM 2020/2021
PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
Actividades dispoñibles para o 2º cuadrimestre do curso 20/21.
Horarios e Aulas Curso Académico 2020/2021
ADE, Economía, Empresariales, ADE+Derecho y Empresariales+Turismo
Calendario de Exames 2020/2021
Novas
O alumno do Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais; Iago Fernández del Río, gaña o I Concurso de deseño do suadoiro e outros artigos da Facultade de Economía e Empresa convocado polo Pan de Acción Titorial (PAT) do centro.
A través deste concurso, o PAT da Facultade de Economía e Empresa quixo dar unha maior publicidade e visibilidade tanto á Facultade coma ao seu PAT. Ao concurso presentáronse un total de 28 deseños de grande calidade propostos por alumnado das diferentes titulacións impartidas no centro.
Coa idea de difundir e promover o coñecemento económico en xeral, a Facultade de Economía e Empresa dende o Plan de Acción Titorial (PAT) de maneira conxunta co programa radiofónico “Sábados no Cruceiro” que se emite no 93,9 da FM na Radio FilispiM, así como a través de internet mediante streaming, convocan o I PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DE TERMOS ECONÓMICOS DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA NA RADIO FILISPIM. Mediante este programa proponse ao estudantado unha actividade de divulgación económica a través da elaboración de pequenos vídeos.
Do 8 de marzo ao 8 de abril vive unha distopía feminista ambientada na Universidade da Coruña. Neste xogo virtual achegaraste a diversos contidos sobre a muller na economía e na sociedade para resolver misións, atopar caixas escondidas polo campus e frustrar os plans da Comisión de Filtrado Bibliográfico (CFB) e do Réxime da Verdade. Ademais, poderás gañar un lote de agasallos que inclúen o libro “Senlleiras” asinado por Antía Yáñez, o libro “Violencias de Género: Persistencia y nuevas formas” de Ana Jesús López Díaz, un CD de música de A banda da loba, material de oficina, lambetadas, etc. ¡Infórmate e comeza a xogar xa entrando en O legado de Erea !
Descubre o papel das mulleres na economía e na sociedade a través dunha escolma de obras académicas e de divulgación, novelas e materiais audiovisuais. Coñecerás referentes femininas no eido dos coidados, a perspectiva de xénero, a política, a economía, o cambio climático, etc. Todas elas deixan constancia das dúas caras da mesma moeda: por un lado, as dificultades que atopan as mulleres no seu día a día para acceder a postos de liderado e para saír do camiño invisible marcado pola sociedade e, polo outro, a súa capacidade para empoderarse e acadar as metas e obxectivos que se propoñen. Accede en Exposición Virtual 8M: Muller, economía e sociedade
A Universidade da Coruña retomou as clases presenciais despois dun mes con docencia virtual.
Estudantes do MUDAE gañan por segundo ano consecutivo a Edición da Global Management Challenge (GMC) Galicia.
Mañá luns, nova volta a presencialidade nas Universidades galegas con todos os protocolos de seguridade en funcionamento.
Recuperar las clases prácticas, gran reto ante la vuelta al aula universitaria (lavozdegalicia.es)
Equipa dirixida polo profesor Fernando Bruna, participa nun proxecto da Fundación La Caixa.